Comeza a súa recuperación no refuxio de animais a cadela atopada cunha mole de pelo en Cambados

CAMBADOS> Etiopía, a cadela abandonada esta fin de semana en Cambados en moi mal estado comeza a súa recuperación. O animal atopábase cunha mole de pelo sucio e importantes feridas que interviñeron cirurxicamente no refuxio da vila. Estase a recuperar no propio centro e búscase unha familia adoptiva para cando se atope en plenas condicións.

Neste lamentable estado se atopaba a fin de semana a cadela Etiopía cando deron alerta ao refuxio de animais de Cambados. A cadela atopábase deambulando pola zona da Pastora, preto da Igrexa de Santa Mariña, e segundo o seu estado, os veterinarios do refuxio creen que levaba preto de dous anos ser recibir ningún coidado.

O pelo e a sucidade non eran os seus únicos problemas, xa que tamén tiña importantes feridas que tiveron que ser intervidas cirurxicamente.

Dende o refuxio calculan que ten entre 6 e 7 anos de vida e que tivo que ter donos antes debido a que é unha cadela moi dócil. Agora atópase no refuxio recuperándose das súas feridas.

Non é moi habitual atopar caso de abandono en tan mal estado como o que se atopaba Etiopía, pero o abandono de animais continúa sendo unha problemática.

No refuxio de Cambados atópanse agora cunha importante cantidade de cans e de gatos. A adopción de mascotas está aberta para aqueles que queiran dar unha nova familia a cadelas como Etiopía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí