Nova concentración en Vertifil ante cinco novos despedimentos

    despidos_Vertifilcopy.jpgMORAÑA> O comité de empresa protagonizou esta protesta ante o que consideran un ERE encuberto. Anunciaron que seguirán coas mobilizacións.

    {flowplayer}images/salnes/NOVIDADES_VERTIFIL.flv{/flowplayer}

    Esta mañá celebrouse unha nova concentración ás portas da fábrica Vertifil, en Moraña, protagonizada polo comité de empresa da planta. O fan despois de que a dirección da empresa lles comunicase vía e-mail o despedimento de cinco traballadores incumprindo, así, explicaron, o acordo polo que cada despido sería previamente negociado co comité.

    E é que segundo nos explicou o presidente do comité de empresa, o pasado oito de novembro asinaron un acordo coa dirección da empresa polo que esta comprometíase a sentarse a negociar antes de anunciar novos despedimentos.

    Estas cinco baixas súmanse as seis que xa se produciron nas últimas semanas, segundo nos explicaron desde o comité de empresa. Desde a apertura da fábrica no ano 2006, nesta planta pasaron de 134 traballadores a 91 que son nestes momentos.

    O comité lamenta que a situación vai continuar pola mesma liña e aseguran que están ante un ERE encuberto.

    Polo de agora, o comité de empresa xa anunciou que continuarán coas mobilizacións a vindeira semana mentres que o director xeral da planta non responda á solicitude, que xa lle transmitiron, de sentarse a negociar alternativas que permitan conservar os postos de traballo.

    Redacción Salnés