O mellor prato de centolo de O Grove

    O GROVE > O Restaurante Beiramar de O Grove foi o gañador do concurso de pratos de cociña organizado dentro da Festa do Centolo. O seu propietario recibiu a placa conmemorativa de mans do alcalde meco, que deu a coñecer tamén os gañadores do sorteo de dúas fins de semana no hotel Hesperia.
    O Restaurante Beiramar de O Grove recibiu a placa que o acredita como o gañador do concurso de cociña da terceira Festa do Centolo. O alcalde entregoulle a distinción no propio establecemento e felicitou a todo o equipo pola excelente labor que están desenvolvendo para dar a coñecer este marisco e ó propio concello de O Grove. Durante o acto tamén se coñeceu o nome dos gañadores dunha fin de semana no hotel Hesperia. Os dous afortunados son de Madrid e gañaron o premio por consumir centolo na Taberna Lavandeira e no Mesón do Mar. Anque seguro que o marisco non estaba tan elaborado como o presentado polo cociñeiro do Beiramar ó concurso de cociña. Un prato de centolo con diversos productos do mar que gañou o corazón e o padal do xurado e deixou tamén un gran sabor de boca nos responsables do establecemento.
    Redacción Salnés