Castrelo acolle o Segundo Concerto Rexional de Corais

    CAMBADOS> Castrelo converteuse esta fin de semana na capital galega do canto coral ca celebración do Segundo Concerto Rexional de Corais

    {flowplayer}images/salnes/festival_corais_010512.flv{/flowplayer}

    … de Castrelo, que se celebrou no campo das Festas desta parroquia cambadesa. Neste certame actuaron catro corais galegas, e unha asturiana, como convidada. En representación da Provincia de Pontevedra, actuou a Coral Polifónica do Salnés; preto dun cento de voces dirixidas por Cristina Castro Pintos. Por Ourense actuou a coral da Asociación verinense Amigos da Música, por Lugo, a Coral Polifónica Alborada de Viveiro, e pola Coruña a Coral Polifónica do Liceo Casino Marítimo Rianxeiro. Como coral convidada actuou a asturiana Villa Blanca de Luarca.Entre actuación e actuación o evento estivo amenizado pola Rondalla do Castro, de Baión-Vilanova, contando tamén ca actuación do grupo de música do país da Asociación Cultural Penaguda de Dena.

    Todos eles recibiron de recordo un diploma e unha placa conmemorativa e tamén uns nomeamentos como socios de honra da Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva, Comisión de Festas de Castrelo; entre eles esta casa Canalriasbaixas, pola súa difusión do evento. Un acto que rematou ca interpretación do Himno Galego e dos himnos oficiosos de Galicia e Asturias: a Rianxeira e Asturias Patria Querida.

    Pero a deste domingo non foi a última actuación da coral local: a Coral de Castrelo volverá a actuar esta semana na súa parroquia, durante a celebración das festas patronais. Será o xoves á unha da mediodía durante a misa cantada na honra de Santa Cruz. Xa o venres haberá festa da Xuventude, ca Discoteca Salnés Móbil, con Dj´s e agasallos. O sábado festa de San Antón, volverá a haber os oficios relixiosos de rigor e pola noite verbena a cargo de Jerusalen e Estrellamar. A medianoite do sábado daranse a coñecer a raíña e Dama da Festa. O domingo, as orquestras La Bámbola e Panorama poñerán o toque musical a última noite festeira neste Concello, que culminará ca gran tirada de lumes artificiais a media noite.

    Redacción Salnés