O incendio de Xiabre foi intencionado e só en Saiar calculan en 350 mil euros a replantación da súa parte do monte

CALDAS> A comunidade de montes de Saiar calcula en 350 mil euros os custos que terá devolver o monte ao estado anterior ao incendio sufrido en agosto. Os comuneiros xunto co concello e a xunta mantiveron unha reunión este martes para facer un balance dos danos e estudar as medidas a tomar no futuro. Tamén trataron a orixe do incendio e, segundo os comuneiros, a xunta ten claro que o lume foi provocado.

As diferentes administracións e as comunidades de montes de Saiar e Castrogudín comezaron as reunións para analizar os danos producidos polo incendio sufrido en agosto, así como as posibles medidas a tomar no futuro. Segundo as comunidades de montes, a Xunta ten claro que o incendio foi provocado.

Dende a comunidade de montes de Saiar tamén realizaron os seus estudos e calculan que os custo da replantación do monte ascenderá ata os 350 mil euros.

Na reunión tratáronse varios temas. Un deles foi a actuación dos servicios de extinción, xa que os comuneiros defendían que se puido actuar de outra maneira e evitar a propagación do lume.

Outro dos temas foi que a técnico de investigación forestal decretou que os incendios non provocaron danos significativos no chan nin na vexetación da zona co que a todo se pode rexenerar de forma natural. Non é o caso das árbores

A xunta tamén pediu colaboración ás comunidades para traballar na prevención de futuros incendios.

Tanto as comunidades de montes como os concellos destacan a boa disposición da xunta para traballar en posibles solucións. Solucións que dende Caldas xa comezaron a poñer en marcha.

Dende as comunidades de montes agardan que a Xunta se implique realmente e apoie a rexeneración do monte, se non terá que investir os cartos unicamente por eles sos durante varios anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí