Vilagarcía estrea nova maquinaria para a limpeza das súas praias

VILAGARCIA> Vilagarcía estrea nova maquinaria para a limpeza das súas praias. Forman parte do novo contrato da xestión do lixo na cidade. Está mañá foron presentadas na zona da Compostela.

Coa chegada a Vilagarcía da nova empresa que se encarga da limpeza viaria e da recollida de lixo, comezan tamén a implantarse novidades no xeito de presta-lo servizo. Unha delas, afecta ás praias. Esta mañá presentaron o parque móbil que se vai encargar do mantemento dos areais da cidade.

O servizo de limpeza de praias será prestado agora por unha máquina limpia praias autopropulsada, destinada á retirada das algas da area e un tractor 4×4 con pá.

Destes catro equipos un está pensado para aquelas prais que, polas características, teñan escasa accesibilidade para a maquinaria.

Ademais da incorporación paulatina da nova maquinaria, ao longo das vindeiras semanas iranse instalando na cidade novos colectores do lixo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí