“Non hai motivos para alarmarse. Pagaremos a débeda”

     O GROVE> O concello de Sanxenxo reclámalle 30.000 euros ó de O Grove en concepto dun salario a un enfermeiro do SPAD.

    {flowplayer}images/salnes/SpadGrove_130313.flv{/flowplayer} 

    O alcalde grovense quitoulle ferro ó asunto da débeda que o consistorio meco mantén con Sanxenxo. Son 30.200 euros que obedecen á metade do salario do enfermeiro do SPAD de Portonovo, acumulada nos anos 2007, 2009 e 2010. Ata o de agora Sanxenxo adiantaba o pago a este enfermeiro e posteriormente ó Grove aportaba o 50% do salario. Se ben dende o concello do Grove pagáronse as nóminas correspodentes a 2011 e 2012, esta semana a alcaldesa Catalina González, remitía un escrito no que lles lembraba que aínda quedaban pendentes de pago máis de 30.000 euros. Para Miguel Ángel Pérez non hai motivo para alarmarse. É normal que existan débedas entre as administración e porase solución.

    Malia que moitos apuntaron ó anterior rexedor, José Antonio Cacabelos, como responsable deste impagos, Pérez non quere culpar ó ex alcalde socialista.

    Redacción Salnés