BOIRO> O concello de Boiro está a efectuar a devolución da taxas das terrazas correspondente ó exercicio de 2020. Nesta mesma liña de apoio á hostalería, a corporación municipal aprobou a exención do pago durante o 2021.
O concello de Boiro está a adoptar diversas medidas de apoio á hostalería para minimizar a grave crise económica que afronta o sector por mor das restricións e peches impostos pola pandemia. Entre elas, a devolución da parte proporcional das taxas por ocupación da vía pública correspondente ás terrazas do ano 2020. O concello iniciou o pago dos importes xa satisfeitos que ascenden a preto de 14 mil euros.
Con respecto ó presente exercicio, o concello xa aprobou a suspensión da ordenanza para poder eximir ós hostaleiros do pago.
Xunta a estas medidas, o goberno local estuda diversas fórmulas coas que contribuír á recuperación económica destes dous sectores clave para a economía local.