A xustiza desestima os recursos contra o Plan de Recursos Específicos pola extracción de mexilla

RIBEIRA> Satisfacción no seo da confraría de Aguiño despois de que  o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia volvese rexeitar un recurso contra o Plan de Explotación de Recursos Específicos. A sentenza dá a razón á Consellería do Mar na delimitación das zonas de extracción de mexilla.

Por segunda vez, a xustiza vén de rexeitar varios recursos presentado por varias asociacións mexilloeiras contra o Plan de Explotación dos Recursos Marisqueiros aprobado por Mar no que se delimitan as zonas reservadas para a extracción de mexilla.

Dende as confrarías entenden que a sentenza do TSXG beneficia non só ós mariscadores senón tamén ós propios bateeiros posto que senta as bases para un mellor ordenamento dos dous recursos. Nesta liña, a Consellería do Mar traballa xa nun plan de recursos específicos que regule a mexilla como tal para garantir así unha mellor explotación do recurso.

Entenden ademais que esta nova resolución contribuirá a restar tensión ó conflito existente entre percebeiros e mexilloeiros que provocou graves enfrontamentos durante o pasado ano..