CORPORATIVO > En Telesalnés Barbanza estreamos un novo plató para os espacios informativos desta cadea. As Novas do Día mestura toda a información por criterios xornalísticos e non xeográficos, como ata o de agora, con fin de reunir á audiencia en torno a un único espazo informativo.
Co fin de adecuarse á nova era dixital, Telesalnés Barbanza moderniza o plató de As Novas do Día, introducindo cambios visuais impactantes que farán máis atractiva a percepción da cadea en cada fogar. Iníciase, en definitiva, unha auténtica revolución audiovisual que supón a grande oportunidade para artellar un espazo audiovisual local e no que Telesalnés Barbanza cobra especial protagonismo: un plató con luz fría, retroalimentación, con paneis lumínicos vangardistas, un exhaustivo control da iluminación, -centrada na figura principal das presentadoras- e nun estudo que conta con potentes equipos dixitais que mellorarán sustancialmente a calidade da imaxe.
Estreamos nova imaxe novas cabeceiras e sintonías, cun aire moderno e actual e mantendo os nosos horarios habituais: ás 14.10 o Adianto con Patricia Lede e ás 21.30 As Novas Do día, presentado por Teté Rocamonde. Tamén se modifica a estructura do espazo informativo principal da cadea, mesturando nos diferentes bloques as novas das distintas comarcas, seguindo criterios xornalísticos. O obxectivo é unificar criterios e que a audiencia se interese pola área xeográfica global que cubrimos, ó mesmo tempo que nos informamos da actualidade diaria dos nosos veciños máis próximos. Segundo os últimos datos de audiencia recollidos no Estudio General de Medios, Telesalnés Barbanza consolídase como unha das televisións locais máis seguidas do panorama audiovisual galego, cun incremento de preto de 40.000 sintonizacións durante os últimos meses de 2005, cun incremento na nosa área de cobertura cara Pontevedra.
En Telesalnés Barbanza iniciamos, con estas novidades, o camiño cara a Televisión Dixital Terrestre, que substituirá de forma progresiva á actual televisión analóxica. O apagón analóxico será definitivo o 3 de abril de 2010 polo que para esa data só se poderá emitir televisión en formato dixital, que mellorará notablemente a calidade de son e imaxe. E Telesalnés- Barbanza tamén estará alí para contárllelo.
Redacción Salnés