O foro ‘Arousa avanza a Diario’ debaterá en Cambados sobre os logros contra o narcotráfico

AROUSA>  A prevención e a loita contra o narcotráfico serán obxecto de debate en Cambados. O Diario de Arousa organiza na localidade un foro no que se afondará no asunto, o vindeiro martes, coincidindo co Día Internacional contra a Droga. Nós hoxe estivemos coa xornalista do rotativo arousán que vai modera-lo debate.

Na etapa máis dura do narcotráfico, Cambados converteuse nun auténtico referente na prevención e loita contra as drogas. Agora, o Diario de Arousa leva ata a localidade un foro no que se vai afondar nos fitos logrados para frear e previ-lo consumo de substancias e para abordar tamén aqueles que aínda están por chegar.

Canda o concelleiro cambadés, na xornata tamén sentará Manuel Isorna, da Fundación Galega contra o Narcotráfico, que tamén se centrará na política de prevención. A mesa complétase con outros dous poñentes máis, encargados neste caso de afondar na loita contra o narcotráfico.

O foro e o posterior debate co público estarán moderados por ela, unha xornalista de dilatada experiencia do xornal arousán. Segundo indica, o problema do narcotráfico precisa debate e voces que boten luz sobre el dun xeito rigoroso. Unha problemática, a do narcotráfico, que, segundo indica a moderadora do evento, suscita un gran interese na sociedade arousá.

O foro ‘Arousa avanza a Diario’ celebrarase o vindeiro martes, ás 8 do serán, no Auditorio da Xuventude de Cambados.