Ingresa en prisión o presunto cerebro da banda ó negarse a declarar

    CAMBADOS > A xuíz titular do Xulgado de Instrucción número 1 de Cambados, Carmen Bóveda, ordenou o ingreso en prisión con carácter preventivo de José Manuel González Lacunza. O empresario vasco anque afincado en Madrid negouse a declarar este venres cun avogado de oficio, pero o sábado volve ó xulgado co seu avogado. O empresario vasco podería ser un dos autores materiais da trama que rematou coa morte dos curmáns Ricardo e José Ángel Feijóo en decembro.

    Ata o momento xa son dous os detidos na operación Zapatos ingresados na prisión de A Lama. Este venres, a xuíz titular do Xulgado de Instrucción número 1 de Cambados, Carmen Bóveda, intentou tomar declaración ó empresario vasco pero afincado en Madrid, José Manuel González Lacunza, de 37 anos. Lacunza negouse a declarar ó rexeitar o avogado de oficio que se lle asignara. A xuíz ordenou o seu ingreso en prisión con carácter preventivo aínda que o sábado volve ó xulgado cambadés cos seu avogado.

    O empresario vasco podería ser un dos autores materiais da trama que rematou coa morte dos curmáns Ricardo e José Ángel Feijóo en decembro. A Garda Civil tería indicios de que Lacunza deseñou o plan e ademais estivo no lugar do suceso. No cárcere da Lama xa se atopa desde o xoves o coruñés José Manuel Lata, que alugou o Seat Ibiza co que presuntamente fuxiron os sicarios a Portugal e que foi atopado calcinado en Valença do Minho.

    Outro sicario é o alemán de 47 anos detido o xoves en Barcelona que xa está na comandancia da Garda Civil de Pontevedra. Outro dos supostamente implicados é o francés Yohan Piedagnel, quen compraría a lata de gasolina para calcinar os corpos e borrar as pegadas. A Garda Civil sospeita que esta banda de caracter internacional tomou parte neste axuste de contas por encargo dun grupo de narcos da comarca do Salnés a quen Ricardo Feijóo lles puido sustraer 500 quilos de cocaína. Pénsase que no suceso participaron veciños do Salnés, entre eles, Francisco Javier González Rodríguez, que puido ter fuxido esta semana a África. No seu domicilio, na Bouza, en Castrelo, atopáronse dúas armas.

    Dos detidos nesta operación, quedaron en liberdade o lugués Jaime Díaz Rodríguez, o portugués Wilson Ricardo de Oliveira, Sonia Arnau Aullón, a muller de Lacunza, e Gladis Silva Santos.

    Redacción Salnés