RIBEIRA > A Asociación de Empresarios de Ribeira celebrou na noite de onte o sorteo da súa Campaña de Nadal, que acadou un dos resultados máis positivos dos últimos anos. A campaña coincidou nesta ocasión coa implantación do Centro Comercial Aberto Viamare e coa peonalización da rúa General Franco, feitos que constribuiron ó exito da iniciativa. En total, procedeuse ó reparto de cincocentas mil rifas en tódolos establecementos asociados que chegaron a esgotarse once días antes do remate da campaña.
O primeiro premio, consistente nun vale de compra por 3000 euros, recaeu no número 348291 e foi repartido polo establecemento de deportes ‘Estevez’. Houbo sorte tamén para o 121587 e o 276597, segundo e terceiro premio respectivamente, que recibirán un vale por valor de 2000 mil euros. Os establecementos encargados de repartilos foron ‘Multiópticas Americana’ e a xoguetería ‘Os nenos’.
A lista de premios complétase con tres vales de mil euros, catro de cincocentos, seis de trescentos e outros seis de douscentos euros, polo que a lista de afortunados é moi ampla.
Ribeira pecha deste xeito unha das melloras campañas dos útlimos anos que coincide coa posta en marcha do Centro Comercial Aberto Viamare.
Segundo o presidente da Asociación, Xosé Paz Cadaval, este feito unido á peonalización dun tramo da rúa General Franco, son as claves do éxito desta edición.
Tralo balance máis que positivo, os empresarios ribeireses miran xa cara o ano que vén coa intención de marcarse obxectivos máis ambiciosos. Polo momento non hai nada decidido, aínd que xa se baralla a posibilidade de aumenta-lo número de rifas posto que as cincocentas mil emitidas este ano esgotáronse semana e media antes do remate da campaña.
Redacción Barbanza