AGADEA porá en marcha unha unidade de estimulación terapéutica en Boiro

BOIRO> AGADEA volverá poñer en marcha en Boiro unha unidade de estimulación terapéutica. Este servizo inaugurouse en 2019 pero, tras uns meses en marcha, tivo que ser suspendido pola pandemia. Agora retomarase tres días á semana no centro social de Abanqueiro.

Frear o deterioro cognitivo dos pacientes con enfermidades neurolóxicas a través da estimulación non só física e mental senón tamén social. Este é o principal obxectivo do novo servizo de AGADEA que este mes de decembro botará a andar en Boiro.

Traballarase con grupos reducidos segundo o nivel de deterioro, leve ou moderado, para facilitar tamén a relación persoal entre os seus integrantes.

En paralelo a este servizo, AGADEA prepara en Boiro unhas charlas dirixidas á poboación xeral para formar e informar sobre o alzheimer e outras doenzas neurodexenerativas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí