NOIA> O teatro Coliseo Noela foi o lugar escollido de xeito excepcional para celebrar este pleno extraordinario de homenaxe a Caetano Horta, un dos deportistas locais máis laureados.
Dábase así resposta a un acordo plenario unánime dos grupos da corporación a raíz dunha proposta do grupo socialista, á que non dubidaron en sumarse o resto de formacións.
Durante o acto, o alcalde, Santiago Freire, procedeu tamén á entrega da Medalla de Ouro do Concello, a primeira que se lle outorga a un deportista.
Na súa intervención, o mozo deportista non se esqueceu de ninguén con agradecementos emotivos á familia, amigos, membros do seu club, fisios, patrocinadores..por acompañalo nestes anos…deixando unha mensaxe clara…
Foi un máis que merecido recoñecemento dunha vila a un humilde rapaz, que puido ver cumprido un soño…





