O GROVE > As traballadoras de Marsac non descartan emprender novas medidas contra a empresa no caso de que a partir do luns o resto de conserveiras retomen o seu traballo normalmente. Así nolo comentaban mentres recibían a visita dos voceiros de Pesca e Traballo do Partido Popular, que veñen de presentar catro iniciativas parlamentarias de solución a este conflicto laboral.
Mes e medio de protestas esgotan a calquera e as traballadoras de Marsac téñeno claro: se a partir do luns se reabren os polígonos e as empresas retoman a actividade xa non ven motivo polo que Marsac non a retome tampouco. Pese ós apoios recibidos polos grupos políticos as solucións non se ven claras. Aínda así agradecen todas e cada unha das iniciativas amosadas.
Coma a que esta mesma tarde tiveron por parte do Grupo Popular. A deputada Marta Rodríguez acompañada polos voceiros de Traballo e Pesca do PP visitáronas e achegáronlle as iniciativas parlamentarias rexistradas na cámara autonómica en relación coa busca de solucións ó conflicto laboral. José Manuel Balseiro, Voceiro de Pesca do PP.
Durante a visita as traballadoras amosáronlle as súas inquedanzas e demostraron a súa preocupación polo lonxe que ven a solución ó problema pese ós apoios recibidos polos grupos políticos. Entre eles tamén o BNG cos que se reuniron esta mañá en Santiago.
Redacción Salnés