Alfonso Rueda será o novo secretario xeral do PPdeG

    GALICIA > Alfonso Rueda de Valenzuela será o novo secretario xeral do PPdeG. Quizais o seu nome non lles diga moito, pero é unha persoa ligada en certo xeito á comarca do Salnés, xa que é o secretario municipal de Cambados. Antes ocupou os cargos de presidente de Novas Xeracións na provincia de Pontevedra e director xeral de Administración Local.

    alfonsorueda_300_120106.jpgEsta é a persoa que con toda probabilidade será nomeada o domingo secretario xeral do Partido Popular de Galicia. Nesta imaxe vírono moitas veces a través de TeleSalnés Barbanza aaínda que entón él non era o protagonista da noticia, e só aparecía nos plenos municipais de Cambados como secretario municipal que é.

    Rueda cumpre cos requisitos que supostamente se buscaban: adicación exclusiva, estar na órbita de Madrid e ser de Pontevedra, un dos premios prometidos polo sucesor tras acadar un apoio masivo nesta provincia. Así o indicaba no programa Pleno Aberto o presidente provincia Rafael Louzán.

    Alfonso Rueda xa ocupara cargos de importancia na Xunta. Fora director xeral de Administración Local, cargo co que viñera a Cambados no ano 2004 a presenta-lo proxecto EQUALITAS, destinado a moderniza-las administracións públicas locais. Pero a súa relación con Cambados vai máis alá.

     

    Ese mesmo ano 2004 foi nomeado albariñense de honra no Capítulo Serenísimo do Albariño, recollendo o seu diploma de mans do por aquel entón presidente da Xunta, Manuel Fraga. O vindeiro domingo veranse de novo as caras no Congreso no que Núñez Feijoo sustituirá a Fraga e Alfonso Rueda ó seu ex xefe na Consellería, Xesús Palmou.

    Redacción Salnés