As impresoras 3D solidarias tamén están no Salnés

VILAGARCÍA> As iniciativas das administracións complétanse coas da cidadanía. Dende que comezou esta crise multitude de persoas dan un paso adiante para botar unha man no que se precise.

Unha das iniciativas é coronavirusmakers.org, un movemento a nivel estatal que ten tamén os seus ecos no Salnés. Unha das integrantes é a vilagarciá Iria González. Dende casa e coa súa impresora 3D fabrica pantallas de protección para sanitarios e coidadores de xeito totalmente gratuíto.

Ata o 29 de marzo, a rede de coronavirus makers xa entregou máis de 350.000 protectores.