O BNG de Sanxenxo critica que o goberno prexudica ó pequeno comercio

    SANXENXO > O BNG de Sanxenxo asegura que o goberno local favorece a implantación de grandes áreas en detrimento do pequeno comercio. Estas declaracións veñen motivadas pola construcción dun novo supermercado na entrada do concello que, segundo os nacionalistas, demostra que para as grades superficies todo son facilidades en Sanxenxo.

    Segundo o BNG, coa política urbanística que se está a aplicar en Sanxenxo, a partir de agora as edificacións illadas ou pareadas deberán ser ‘tipo nave industrial’, sen tellado e con fachada de chapa pintada, para que manteñan as características do contorno.

    E irónicamente advirten de que se incumpren a normativa deberán agocharse detrás de árbores. Aseguran que esto é o que se desprende do consentimento, por parte do goberno local, do edificio que fai o supermercado DIA na rotonda do Vimbieiro que dá acceso á vía rápida do Salnés. A ordenanza para a concesión de licenzas nesta zona é a de ‘Edificación unifamiliar extensiva’ que ‘responde á tipoloxía de vivenda unifamiliar, pareada ou adosada’. esto levou ó BNG a advertir de que o proxecto do DIA non se axustaba á normativa, polo que o expediente quedou sen resolver á espera de que se modificaran as características.

    Pero a modificación limitouse á intención de colocar xardineiras e árbores, medidas claramente insuficientes para o BNG, que pregunta como se lle vai explicar ós pequenos comerciantes de Sanxenxo que a permisividade coas grandes empresas foráneas é total, incluso cando sobrepasan os límites marcados no PXOM.

    Redacción Salnés