VILAGARCIA> O BNG do Salnés lanza unha nova campaña para denunciar a xestión da AP – 9. Os nacionalistas levarán a cabo diferentes mocións nos concellos da comarca con dous obxectivos: que se reduzan ou eliminen as taxas da autoestrada e que se transfira á comunidade autónoma.
A xestión da AP – 9 volve estar no centro de atención do pobo galego. Hai preto dun ano, anunciábase unha rebaixas dos peaxes que nunca se fixo efectiva. E lonxe de baixar os prezos, as taxas volveron a subir. Por elo o BNG lanza unha nova campaña para que se cumpran os acordos de investidura que acordaron co Partido Socialista.
Con esta nova campaña, o BNG levará unha moción a todos os plenos do concello da comarca con dúas demandas: a redución ou eliminación das taxas da autoestrada e a súa transferencia á comunidade autónoma.
A moción tamén se levará ao pleno do concello de Vilanova. Onde o seu alcalde, instou á líder do BNG Ana Pontón a que rache os acordos de goberno nos municipios galegos co PSOE para que o goberno central cumpra cos seus acordos.
As mocións levaranse ao pleno dos próximos concellos, adaptándose as peculiaridades de cada municipio. A campaña completarase coa pegada de carteis e con mobilizacións, sempre e cando a situación o permita.