RIBEIRA> A escritora Mercedes Barreiro foi a encargada de inaugurar as celebracións do orgullo de Ribeira coa lectura dun emotivo pregón no que reivindicou a liberdade de ser e amar e a importancia do respecto na sociedade.
Respecto ó que tamén aludiu o alcalde na súa intervención como mellor maneira para facer fronte á incomprensión.
O acto, celebrado no salón de plenos, contou cunha ampla asistencia non só de membros da corporación municipal senón tamén cidadáns e representantes de diversas asociacións que participaron na lectura de poemas que pechou esta xornada inaugural.