PONTEVEDRA > O Presidente da Deputación, Rafael Louzán, recibiu ós representantes do grupo municipal do Partido Popular na Illa de Arousa para dotar ó campo de fútbol A Bouza de herba artificial de última xeración. Louzán manifestou a súa boa disposición para acelerar as obras deste centro deportivo aínda que está pendente da aprobación presupostaría do concello para a execución da obra.
Os edís populares da Illa de Arousa reuníronse esta fin de semana co presidente da Deputación Rafael Louzán para acelerar os trámites das obras do campo de fútbol A Bouza. Louzán manifestou a disposición da institución provincial para comezar as obras aínda que está pendente que o concello aprobe unha partida orzamentaria para a execución da obra e que se acometan os traballos complementarios como o peche de todo o perímetro, a recollida de augas pluviais e a instalación eléctrica. A pavimentación do campo consistirá nun material termoplástico con canais de rego laterais . Ademais instalaranse 200 asentos de plástico, marcador electrónico e seis porterías. Na reunión tamén se repasaron as obras que a Deputación está acometendo na Illa de Arousa ademais de anunciar a inversión de dous millóns de euros no campo de fútbol Salvador Otero, na estrada de As Aceñas e na dotación de herba no campo A Bouza.
Redacción Salnés