As dúas gañadoras do sorteo de Nadal de Zona Aberta recolleron os cheques

    VILAGARCÍA > Zona Aberta entregou os cheque correspondentes ó segundo e o terceiro premio do sorteo de Nadal cos que os comerciantes Vilagarcía agasallan os seus clientes cada no. O segundo premio correspondeu a unha veciña de Vilaxoan, Matilde Dieste, o terceiro dunha moza vilagarciá Iolanda Saborido. Nesta ocasión o primeiro premio non se puido repartir ó non aparecer o boleto co número 34.785.

    A presidenta de Zona Aberta, Sofía Beiras, presentou as dúas gañadoras do sorteo de Nadal da asociación celebrado o pasado nove de xaneiro. As posuidoras do segundo e o terceiro boleto gañador ensinaron os números para que non houbera ningunha dúbida. A presidenta deu a en hora boa a estas dúas clientas con pena por non aparecer o gañador do primeiro premio, 3.000 euros en bales de compra.

     

    O segundo premio o recibiu Matilde Dieste, veciña de Vilaxoan das mans do dono do establecemento onde fixo a compra gañadora: Santa Rita. Aquí mercou uns pantalóns para agasallar os seus familiares no Nadal, agora terá oportunidade de darse algún que outro capricho cos 2.000 euros en vales de compra.

     

    O número gañador do terceiro premio o tiña Iolanda Saborido que o conseguiu o mercar en electrodomésticos “fagor”. Aínda non sabe en que vai a gastar o premio, para comprar ten ata o vindeiro sábado, pero recolleu os vales de compra con moita satisfacción.

    Redacción Salnés