Adeus ó Entroido con actos que duraron ata altas horas

    entroido100.jpgVILAGARCÍA> Entre o enterro da Sardiña en Vilaxoán, o Sábado Inglés ata o festival Falo Rock. Escoito Rock, a festa non parou.

    {flowplayer}images/salnes/ENTROIDO_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    En Vilaxoán, decenas de persoas non se quixeron perder o último adeus á sardiña, ata o ano que ven. Por primeira vez, o enterro produciuse en sábado. Na lonxa velouse o féretro, onde as viúvas non puideron conter as bágoas e abalanzáronse sobre a sardiña para que non abandonara este mundo.

    En Bamio, non se enterrou á sardiña, senón ó arenque. Unha comitiva formada por distintos personaxes, como folclóricas, habatares e demais fauna carnavalesca, acompañaron ó peixe por todo Bamio, para posteriormente despedirse do arenke.

    A praza da peixería vilagarciá, acolleu o Festival Falo rock Escoito rock dende as seis da tarde ata a madrugada. Os asistentes puideron disfrutar de boa música rockeira de grupos como Riff Raff, To Nowhere, A Sacho e Renegados do Funk. Os concertos fixeron as delicias dos asistentes, que abarrotaron a praza xa que a entrada era de balde. Pero ademais de música, ofrecíase un mercadillo alternativo no que se vendían collares, pendentes e pulseiras. Tamén unha zona de exhibición onde se podía xogar no simulador de Guitar Hero.

    Pola noite, en Vilagarcía dominou a indumentaria británica. O sábado inglés celebrouse por segundo ano consecutivo e aspira a consolidarse como unha aposta singular da capital arousá. Os participantes debían ir disfrazados de personaxes ingleses. Por iso, non extrañaba ver pola rúa ós Beatles, a lores acompañados das súas esposas e incluso, á familia real británica. Os premios deste concurso de disfraces, foron unha fin de semana en Londres, e vales de compra de entre 200 e 500 euros.

    Redacción Salnés