Cambados Zona Centro reparte 600 euros polo Día da Nai

     CAMBADOS> Os Comerciantes do Salnés están chamados a unha reunión de traballo a vindeira semana ca Directora Xeral de Comercio da…

    {flowplayer}images/salnes/ptac_nai_cambados.flv{/flowplayer}

    … Xunta de Galicia para abordar os temas que máis preocupan ós empresarios integrados dentro do Consorcio do Comercio do Salnés. Un anuncio que adiantaba hoxe o seu Presidente na presentación da campaña do Día da Nai da Asociación que tamén preside, Cambados Zona Centro.

    Esta xuntanza que anuncia Marcos César González terá lugar o luns día 15 ó solpor en Exposalnés; unha reunión na que se agarda que estean presentes os presidentes das Asociacións que integra o Consorcio do Comercio do Salnés.

    Antes diso, xa hai varias Asociacións que están a traballar na convocfatoria das Mesas Locais de Comercio: unha ferramenta prevista pola Xunta de Galicia para que os distintos entes da vida dun Concello falen sobre os asuntos que afectan á vida comercial e empresarial da contorna.

    Un asunto deses ben poden ser as campañas de promoción de vendas, como o que propoñen desde Cambados Zona Centro para o Día da Nai. Hai en xogo seiscentos euros en premios.

    Os comercios adheridos a Cambados Zona Centro repartirán unhas 30.000 papeletas que, unha vez cruñadas polo comercio, poderán participar no sorteo que terá lugar no salón de plenos do Concello de Cambados á mediodía do 10 de maio. Nesta edición, como novidade, parte do premio deberá reverter no establecemento onde se realizou a compra agraciada.

    Desde Cambados Zona Centro resaltan o importante esforzo económico que están a facer, en colaboración das distintas administracións, para seguir mantendo a alta cuantía dos premios, a pesares da que está caendo. Agora só agardan unha contrapartida semellante no volume de vendas.

    Redacción Salnés