O GROVE> Mañá darán comezo no Grove as xornadas gastronómicas. Serán tres semanas repletas de actividades e actuacións para fomentar a venda dos produtos do mar nos establecementos da vila. O evento substitúe por motivo da pandemia á feira do marisco.
O Grove non poderá gozar este ano da súa tradicional festa do marisco. As restricións actuais impiden celebrar a festa con todas as garantías, pero para continuar promocionando os produtos do mar Emgrobes, coa colaboración das administracións, dará comezo mañá as xornadas marisqueiras.
As xornadas marisqueiras comezarán mañá e rematarán o día 17. Celebrándose durante tres fins de semana. O evento permitirá atraer a visitantes ao Grove e potenciar as vendas da hostalería.
Para os establecementos, a realización destas xornadas é vital para manter a actividade ata despois da ponte do Pilar. As xornadas contan co apoio das administracións que destacan a posta en valor dos produtos do mar.
Os organizadores advirten que non haberá festa do marisco como os anos anteriores. As xornadas inclúen unha carpa para a celebración dos eventos pero non para a venda de marisco. Os produtos gastronómicos poderán consumirse nos establecementos hostaleiros con oferta de marisco en diferentes lotes.