O centro de educación infantil de Ribadumia estará listo para o vindeiro curso

    RIBADUMIA> Comezaron as obras do esperado novo preescolar de Ribadumia. Tras varios meses de elaboración do proxecto e estudio das principais necesidades do novo centro construirase un edificio de planta baixa con tres aulas de educación infantil que se situará no conxunto de edificios que conforman o centro educativo Julio Becerra Malvar.

    Para satisfacer as necesidades dos alumnos de tres a cinco anos a Consellería de Educación e o Concello de Ribadumia comezaron a elaboración do proxecto do novo centro de educación Infantil. Comezaban as obras deste novo edificio que ven a satisfacer as deficiencias do actual recinto.

    O concello fixo algunha remodelación no proxecto inicial da Consellería para adecuar a imaxe deste novo edificio os da gardería e colexio que forman o centro educativo Julia Becera Malvar.

    O orzamento ascende a 203.055 euros e estará rematado para o vindeiro curso. Unha vella petición xa conseguida que mellorará a calidade da ensinanza dos alumnos de Ribadumia.

    Redacción Salnés