O Club Juventud Cambados recada fondos para a vindeira temporada co Festival

    CAMBADOS> Recadar fondos, ese é o obxectivo principal que se marcan dende o Club Juventud de Cambados, e por iso organizan para este sábado unha nova edición do se “festival”, no que teñen cabida a gastronomía, a música e por suposto o deporte. O fútbol é un deporte que aglutina a moitos seguidores, pero no que os verdadeiros partidos a veces non se xogan no campo. Por iso dende o Club Juventud Cambados están a organizar un torneo festival co que recadar cartos para a próxima tempada. O presidente do equipo, Matías Fontán explicou aos medios en que consistiría esta celebración que terá lugar o sábado 1 de xullo, nos xardíns do Pazo Torrado. Un evento no que xa hai inscritos uns 8 equipos, que terá un custe de 5 euros por persoa participante, e no que os interesados poderán apuntarse a través de …. . Os que se acheguen ata os xardíns do Pazo Torrado, poderán desfrutar da gastronomía, da música popular de grupos locais e por suposto de fútbol.