Vilagarcía pedirá á Xunta que medie para buscar alternativas ao peche en Vilaxoan

    VILAGARCÍA> A corporación de Vilagarcía pedirá á Xunta que abra unha vía de diálogo con Garavilla. A xuntanza mantida esta mañá entre o comité de empresa e a comisión creada polo concello rematou con este compromiso, co que se intentará que a conserveira valore posibles alternativas ao traslado da actividade á planta de O Grove.

     

    Abrir vías de diálogo coa empresa coa Xunta como mediadora no conflito de Cuca. Esta é a intención da comisión municipal e do comité de empresa, que esta mañá mantiveron unha xuntanza no concello.

    O alcalde explicou que se porá en contacto cos responsables da Consellería do mar e de Economía, coa intención de buscar unha alternativa ao peche de Cuca en Vilaxoan que encaixe no plan empresarial de Garavilla.

    O comité aproveitou a xuntanza para explicar aos voceiros o recurso presentado contra a última resolución xudicial; un auto no que a xuíza daba por executada a sentenza inicial facendo fichar ás traballadoras en Vilaxoan e trasladándoas despois ao Grove.

    Se o pronunciamento da xuíza non lles resulta favorable, comité e traballadoras non descartan recorrer a decisión ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/26/cuca_vilaxoan.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/26/cuca_vilaxoan.mp4{/flowplayer}