VILANOVA > Un forte cheiro a gas espertou o medo dos veciños do número 29 da rúa vilanovesa González Besada. Parece ser que unha avaría na cociña dun dos pisos do terceiro provocou o desaloxo de todo o edificio ante o perigo de que estoupase. Os bombeiros do Salnés foron os responsables de comprobar que todo estaba en orde despois de cortar o subministro na vivenda afectada.
Os veciños alertaron a policía local ó percibir un forte cheiro no piso terceiro do número 29 da rúa González BesadaNun primeiro momento críase que o escape era intencionado xa que na vivenda na que se desprendía o cheiro vivía un home problemático. A primeira medida, ante o perigo de que o edificio estoupase foi desaloxar ós veciños que non entendían moi ben o sucedido. Despois do desaloxo os bombeiros accederon a vivenda. Ante a dúbida de se o veciño se atopaba no seu interior chamouse o 061. Despois de comprobar que o piso estaba
baleiro a ambulancia regresou a súa base. Unha vez na vivenda, o xefe da policía local Joaquín García e o xefe de servicio dos bombeiros do Salnés David Padín abriron portas e fiestras para que saíra o gas e evitar que o edificio estoupase. Dentro da vivenda comprobaron que o escape provía da cociña, ó parecer tratábase dunha simple avaría xa que os veciños confesaron que o cheiro levábase percibindo dende fai días. Despois de comprobar que todo estaba en orde os veciños volveron as súas casas aínda co susto dentro dos seus corpos.
Redacción Salnés