Expulsado do país un rumano que vivía en Cambados

    CAMBADOS > A Policía Nacional de Vilagarcía expulsou do pais a un rumano que vivía en Cambados en situación irregular. O caso foi descuberto pola Policía Local deste concello ó investiga-la situación de varios menores que vivían na mesma casa que o home. Este caso está agora en mans dos servizos sociais.
    O suceso ocorreu nunha casa da rúa Carreira, en Cambados, onde convivían en condicións moi precarias quince persoas de nacionalidade rumana das que once eran nenos menores de dez anos. Foi a situación destes a que motivou a intervención dos servizos sociais de Cambados e da propia Policía Local, que na súa investigación, descubriu que un dos adultos estaba en situación irregular. Por iso foi detido e trasladado ás dependencias policiais de Cambados. Dende alí sería levado á Comisaría de Vilagarcía para poñelo a disposición da Unidade de Estranxeiría do Corpo Nacional de Policía.  Agora a preocupación é a situación dos once nenos, ó parecer todos menores de dez anos, que conviven en condicións totalmente precarias na casa cambadesa. A situación está en mans dos servizos sociais do concello que lle darán traslado do expediente á Xunta de Galicia para tentar que polo menos, os nenos sexan escolarizados. Precisamente un dos nenos é fillo do home expulsado. Polo momento está baixo a tutela doutro familiar que vive na casa e que sí ten os papeles en regla.
    Redacción Salnés