CAMBADOS > O centro comarcal expo salnés de Cambados acolle unha exposición dun dos mellores escultores de España patrocinada pola adega Martín Codax. Fernando Villapol trae a esta vila mariñeira un conxunto de esculturas dedicadas o mundo do viño dun xeito surrealista. As obras poderán contemplarse ata o vindeiro 31 de xaneiro.
Da man da adega Martín Codax chega a Cambados unha completa exposición de esculturas do famoso artista Fernando Villapol. Tratase dun conxunto de obras que mestura a realidade co máis místico significado do viño. Villapol homenaxea nesta mostra os nosos caldos a través da adega Martín Codax, que aposta pola cultura como forma de expresar a vida e o mundo do xeito máis surrealista. Ata o vindeiro 31 de xaneiro todos os que queiran deleitarse dunha ondeada de puro arte na escultura deste prestixioso artista o poden facer no Centro Comarcal Do Salnés en Cambados. Ademais da cultura, Martín Codax, seguirá apostando polo deporte coas xa tradicionais regatas e campionatos de golf. Unha forma de ligar os nosos caldos coa máxima expresión do arte, a cultura e o deporte.
Redacción Salnés