As mulleres de Extrugasa homenaxean o seu xefe, Andrés Quintá

    dv28_-_foto_extrugada_100.jpgVALGA > Este sábado as máis de 120 mulleres que traballan na empresa Extrugasa quixeron render homenaxe ó seu xefe, Andrés Quintá Cortiña.

    Para iso, realizaron un diploma no que se poñía de manifesto o seu recoñecemento á importante labor que está a realizar esta empresa entre o colectivo feminino da comarca do Ulla Umia. Unha das súas empregadas, Lola, foi a encargada de falar en nome de toda a plantilla feminina. O industrial agradeceu emocionado esta homenaxe, que ven a unirse a outros moitos recoñecementos que leva recollido ó longo da súa vida.

    Quintá Cortiña aproveitou este inesquecible momento para gabar a labor das mulleres no eido laboral, tanto as que traballan para el, como por extensión, ó colectivo feminino galego en xeral. Como recordo deste día, xefe e empregadas quixeron deixar constancia deste momento nesta ampla foto de familia.

    Tamén media hora antes, o campo de Fútbol de Campaña, en Valga recollía a presentación dos cinco equipos de fútbol e baloncesto da comarca que patrocina Extrugasa.

    Redacción Salnés