SALNES> Multitudinario apoio á manifestación da Cig convocada no hospital do Salnés contra o despido dunha das camareiras. O sindicato levará a cabo diferentes accións legais para que a empresa rectifique coa súa decisión. A emprega agradeceu o apoio das máis de 50 persoas que se manifestaron con ela no hospital.
O sindicato da Cig levou ao hospital do Salnés as mobilización polo despido de Teresa López, a camareira do centro destituída, segundo a empresa, por baixo rendemento. Un motivo que tanto o sindicato como as traballadoras das diferentes áreas do hospital do Salnés consideran inxusto. Por iso, máis de 50 persoas manifestáronse ás portas do hospital esixindo que readmitan a Teresa.
Dende o sindicato estudan as diferentes maneiras de denunciar á empresas e esixirlle a reincorporación de Teresa.
Segundo explica a afectada e o sindicato, ás condicións laborais ás que estaba sometida Teresa eran abusivas. Unhas situacións que continúan afectado ao resto de traballadores da cafetería do centro e que provoca retrasos na atención dos pacientes ingresados no hospital.
Á manifestación asistiron traballadoras das diferentes áreas do hospital do Salnés, tanto doutoras, enfermeiras e celadores como persoal administrativo e de limpeza. A afecta agradeceu as mostras de apoio que, segundo matiza, demostran que a súa versión é certa.
Dende o sindicato enviaron un escrito á empresa e ao Sergas denunciando o despido da traballadora e a situación dos empregados da cafetería. Unhas reclamacións que non obtiveron resposta. Por iso, a Cig continuará realizando más manifestacións pola readmisión de Teresa e a mellora das condicións laborais do servizo de cociña do hospital.