Arranca mañá o cribado nas farmacias pontevedresas. Consulta aquí onde podes recoller as probas

PONTEVEDRA/SALNÉS/CALDAS> As farmacias da provincia de Pontevedra terán a partires de mañá martes os kits para a recollida de mostras de saliva para o cribado covid. O elevado número de establecementos adheridos obrigou a retrasar o seu inicio, previsto inicialmente para hoxe.

Finalmente, son 347 as farmacias de toda a provincia que participarán nesta iniciativa pioneira, en colaboración co Servizo Galego de Saúde.

Segundo o Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra está previsto que hoxe ao longo da tarde as farmacias reciban o material, para ter todo listo e poder arrancar mañá coa entrega dos kits.

Os que queiran participar poderán solicitar os lotes en calquera das farmacias dos seus concellos. Levarán o tubo para a súa casa e ao día seguinte pola mañá a primeira hora e antes de almorzar, recollerán a mostra. Terán que entregar o kit na propia farmacia antes das 10.30 da mañá.

O cribado está dirixido a atopar os casos asintomáticos entre persoas de 40 a 65 anos. Non poderán participar os que deran positivo nos últimos tres meses, estean illados por contacto estreito cun contaxiado ou os que fixeran unha PCR nos últimos 15 días.

A proba que se realizou en seis farmacias (tres de Pontevedra e outras tantas de Vigo) dende o xoves da semana pasada foi todo un éxito. Agora estas son as farmacias que participarán no cribado a partires de mañá.

CRIBADO COVID - Listado de Farmacias participantes 6-2-2021

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí