Arousa Norte acomete a última fase do seu Plan de Emprego

    BOIRO > A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte organizou na tarde de onte unha charla informativa sobre o Programa Experimental de Emprego que está a desenvolver. Os técnicos da entidade expuxeron diversos temas como os incentivos e axudas á contratación, a tramitación de axudas proporcionadas por diversos organismos ou os novos xacementos de emprego.

    Un bo número de persoas, na súa maior parte empresarios, asistiron na tarde de onte á charla informativa promovida por Arousa Norte para dar a coñecer as principais liñas do Programa Experimental de Emprego que está a desenvolver dende o pasado mes de xuño.

    No transcurso da conferencia, celebrada na sede da asociación boirense de empresarios, os asistentes puideron coñecer en que consisten os incentivos e axudas á contratación existentes así como informarse sobre os organismos que conceden subvencións e os procedementos e trámites para acceder a elas.

    Así mesmo, os técnicos da Mancomunidade deron a coñecer os perfiles dos usuarios do programa que se están intentado insertar en empresas da comarca.

    Esta iniciativa, incluida dentro do programa, supón unha continuación do proceso de busca de emprego que está a desenvolver a Mancomunidade. Neste sentido, a entidade comarcal xa enviara cartas informativas a máis de seiscentas compañías e a intermediadora laboarl do programa realizou visitas a gran parte das empresas.

    Redacción Barbanza