BOIRO > O venres continuarán as negociacións entre o concello de Boiro e a Policía Local para a modificación do seu convenio laboral. Os axentes solicitan unha reducción horaria da xornada, equiparable ás condicións do resto dos funcionarios municipais. No caso de levar a cabo esta medida, sería necesaria a contratación de novos axentes para cubrir tódolos turnos.
Co fin de acadar un acordo definitivo, representantes do executivo e da policía local de Boiro manterán unha xuntanza o venres para negocia-los termos do convenio laboral.
Cos sindicatos incorporados á negociación, os axentes solicitarán unha reducción da xornada laboral co obxectivo de traballa-las mesmas horas que o resto de funcionarios do concello.
O concelleiro delegado da Policía Local, Xoán León, está de acordo con esta reivindicación e considera axeitado contratar novo persoal en lugar de pagar tantas horas extra.
Os representantes do executivo están contentos coa boa marcha das negociacións que, ate o de agora non culminaron nun acordo, pero que están cada vez máis preto de chegar a bo porto.
Redacción Barbanza