El Nabaoui e El Gazouir vencen na Sin-Son 10K 2023

PORTO DO SON> Máis de 1300 atletas chegados dende diferentes clubs de toda Galicia e tamén de fóra tomaron parte onte domingo na SinSon10k, unha carreira que co paso das edicións está a consolidarse como unha das probas reinas do calendario autonómico desta modalidade deportiva.

O bo tempo, cun sol radiante aínda que con frío, animou ós atletas a completar os dez quilómetros que separan as localidades de Portosín e Porto do Son.

Non houbo sorpresas e os principais favoritos fixéronse coa vitoria final. En categoría absoluta masculina o trunfo foi para o marroquí Mehdi El Nabaoui, cun tempo de 30 minutos e tres segundos. Por detrás del, a poucos segundos, entraron David De la Fuente e Anxo Castro.

Na categoría feminina a gañadora da proba foi a súa compatriota Nouhaila El Gazouir  que estableceu un rexistro en liña de meta de 33 minutos e 35 segundos. En segundo lugar entrou a pobrense Laura Santos, completando o podio Natalia Castro.

A xornada viviuse como unha auténtica festa. Entre os participantes tamén numerosas caras coñecidas, entre as que se atopaba tamén o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Mar, Alfonso Villares.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí