Os veciños de Esteiro contan por fin cun centro social

    centrosocialesteiro.jpgBOIRO> A insistente demanda veciñal deu os seus froitos e o lugar de Esteiro, na parroquia do Castro, conta por fin cun centro social.

    {flowplayer}barbanza/inauguracioncentrosocialesteiro.flv{/flowplayer}

    Este sábado inaugurouse oficialmente o novo centro social do Esteiro, na parroquia boirense do Castro.

    No acto, ó que asistiron numerosos veciños e autoridades locais, cobraron especial protagonismo dúas persoas como principais impulsores deste proxecto. Por unha parte, o presidente da asociación de veciños A Marxa, quen tras longo tempo loitando por conseguir este edificio pediu a implicación de todos para dotalo de contidos.

    Punto de encontro

    E por outra banda, o alcalde de Boiro quen presentou o proxecto ante a Deputación co fin de conseguir os fondos para habilitar este punto de encontro para o pobo.

    O inmoble, de dúas plantas, conta con salón de actos, varias aulas e oficinas. O importe para a súa execución ascendeu a cincuenta mil euros.

    Redacción Barbanza