Localizado un condutor que se deu á fuga tras provocar un accidente na autovía do Barbanza

    RIANXO>A Policía Local de Rianxo detivo a un condutor que se dera á fuga tras provocar un accidente na autovía do Barbanza.

    Os feitos aconteceron o día de Noiteboa, pasadas ás seis e media da tarde, cando o vehículo que conducía colidiu contra un turismo que circulaba en dirección a Padrón, cuxo condutor resultou ferido. Tralo accidente fuxiu do lugar.

    Os axentes despregaron entón un operativo de busca que concluíu coa localización do condutor fugado cando tentaba ocultar o vehículo nunha pista forestal. Deu positivo na proba de alcolemia. Impútanselle dous delitos contra a seguridade viaria e  deabandono do lugar do accidente.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí