A Plataforma en contra da suba do IBI agarda que Fole rectifique o mércores

    VILAGARCÍA> Membros da plataforma en contra da suba deste imposto presentaron os detalles da manifestación que vai ter lugar o día 13 de decembro. Unha mobilización que se celebrará se é que o goberno de Tomás Fole non rectifica antes. Unha rectificación que esperan que se produza este mércores. Para ese día hai convocada unha asamblea ás oito da tarde no Auditorio Municipal á que están convidados tódolos colectivos da cidade, partidos políticos e veciños en xeral, así como tamén o alcalde. Agardan dende a plataforma que o rexedor dea marcha atrás ese día ante a presión popular e haxa unha reducción na suba do IBI de cara ó ano 2014. O que se plantexa dende a Plataforma é unha reducción do tipo impostivo do 0,60% ó 0,52%, o que supón que o recibo do IBI sube un 6% con respecto ó ano anterior e o concello poderá ingresar medio millón de euros máis que neste curso. Tamén propoñen o 5% de bonificación nos recibos por domiciliación bancaria e para aquelas familias con ingresos inferiores ó salario mínimo interprofesional. Segundo apunta Lorenzo, o aforro para os propietarios sería entre 50 e 115 euros. Dende este colectivo tamén amosaron o seu malestar pola negativa do goberno de Fole no pleno do venres a reducir a carga impostiva toda vez que Sogama aprazará a suba do canon do lixo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/02/ibi600_021213.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/02/ibi_021213.mp4{/flowplayer}