Moure e Peleteiro continuarán como concelleiros a pesar das críticas da executiva

    POBRA > Os membros do grupo municipal do Partido Socialista da Pobra do Caramiñal compareceron esta mañá en rolda de prensa para explica-la súa postura en canto ó conflito que manteñen coa executiva local e comarcal.

    Os edís aseguran que nunca incumpriron os pactos establecidos no seo do partido polo que non entenden a postura mantida contra eles.

    Carlos Peleteiro foi taxante á hora de valorar as acusacións realizadas contra eles tanto pola Executiva Local coma polo Secretario Comarcal, sinalando que nunca incumpriron os pactos establecidos no seo do partido.

    Peleteiro asegurou ademais que dende hai ano e medio a executiva local está a buscar un claro enfrontamento co grupo municipal.

    Pola súa banda Antonio Moure sinalou que continuará desenvolvendo o seu traballo no concello, defendendo sempre os intereses dos veciños, polo que non ten previsto entrega-la súa acto de concelleiro.

    Moure tivo tamén palabras críticas cara o Secretario Comarcal, Blas García.

    Redacción Barbanza