POBRA> A Pobra do Caramiñal celebrará do 18 ó 21 deste mes de agosto as Festas do Carme dos Pincheiros.
A comisión organizadora dos festexos, xunto co alcalde, José Carlos Vidal, e a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, foron os encargados de debullar máis polo miúdo o programa.
Como en anos anteriores as actividades serán do máis variado para satisfacer os gustos de pequenos e maiores.
O pistoletazo de saída marcarao como é habitual o pregón que será o venres 18, a partir das nove da noite, dende o balcón da casa consistorial.
Este ano correrá a cargo de Esther Calviño e Iván Tubío Sanlés, dous estudantes da localidade bolsados pola Fundación La Caixa coma mellores expedientes universitarios de toda España.
Un dos días fortes será o sábado 19 cos tradicionais San Juerguines,
Pero sen dúbida un dos principais atractivos destes festexos terá lugar o domingo 20, día da tradicional procesión da Virxe do Carme que percorrerá dende as sete da tarde as diferentes rúas da vila para rematar na zona portuaria para proceder á realización da ofrenda floral en homenaxe ós mariñeiros xa falecidos.
Dende o Concello destacaron a importancia destes festexos, convidando a veciños e visitantes a disfrutar das actividades programadas para eses días.