O GROVE/SANXENXO > O vandalismo chegou esta semana ata o Grove e Sanxenxo. Nesta ocasión os obxectivos dos delincuentes foron as cafeterías das estacións de autobuses destes municipios. O resultado foron uns cristais rotos e dúas máquinas comecartos desfeitas.
Os delincuentes puxeron o ollo nas máquinas comecartos das cafeterías das estacións de autobuses de O Grove e Sanxenxo. No primeiro caso romperon un pequeno cristal da porta de entrada ó establecemento para deixar baleira a máquina que se situaba á entrada do local. No caso de Sanxenxo a desfeita foi maior, para poder introducirse no interior da cafetería romperon unha grande cristaleira co mesmo obxectivos cartos da máquina de xogo.
A camareira que pechou a cafetería de Sanxenxo non podía entender o ocorrido. Arredor das doce da noite saía do seu traballo sen apreciar ningún movemento estraño na rúa. Pola mañá espertábase coa mala nova que o seu xefe lle transmitía a través do teléfono móbil.
O delincuente da cafetería foi collido grazas á colaboración dos veciños que ó escoitar a alarma do establecemento chamaron as forzas de seguridade. O suposto ladrón, de mediana idade pasou xa a disposición xudicial.
Redacción Salnés