A AEVU celebrou en Cuntis a súa gala de entrega de premios

    dv757_-_aevu_100.jpgCUNTIS > A Asociación de Empresarios dos Vales de Ulla- Umia celebrou este sábado en Cuntis a súa gala anual de entrega de premios

    … ás actividades empresariais. Desta volta o protagonismo destes galardóns acaparárono as actividades do promoción do traballo entre o colectivo feminino, así como as empresas e organismos que facilitan a conciliación da vida familiar e laboral deste colectivo.

    Así, recibiron cadanseu premio, a Asociación Profesional de Axentes de Oportunidades Galegas, Apaioga, as mulleres empresarias desta AEVU, os centros de día de Portas e Valga; e a empresa Extrugasa polo seu alto índice de promoción do emprego feminino. No apartado do fomento do comercio local tamén se recoñeceu á empresa de orixe caldense Piñeiro Sport.

    O presidente da AEVU, Andrés Quintá, resumiu a idoneidade destes recoñecementos ás actividades empresarias da comarca e aproveitou para reclamar das administracións un maior apoio ó colectivo feminino. Fixo ademais un chamamento á unidade do sector empresarial da comarca. O Conselleiro de Medio Ambiente resaltou tamén o importante crecemento do emprego no colectivo feminino nesta comarca.

    Asemade asegurou que as actuacións previstas polo goberno autonómico en materia de infraestructuras van a axudar aínda máis o crecemento económico destas comarcas. Neste punto, concretou que avanzan a bo ritmo as fases previas das obras da Autovía de Pontevedra a Vilagarcía; unha estrada que terá un enlace en Curro ca Autoestrada AP9 e ca autovía do Salnés; que se virán a sumar á variante de Vilagarcía, que estará remata a finais de ano. Asegurou tamén que se van a mellorar e ampliar outros viais como a PO 531, entre Pontevedra e Curro, e a PO 221, entre Caldas e Moraña.

    Redacción Salnés