VILAGARCÍA> Máis de 400 coches en oferta están á venda no salón do automóbil de Vilagarcía. Os descontos dos vehículos poden chegar ata o 40%. Na feira de Fexdega toman parte máis de 10 empresas e concesionarios con coches de todas as marcas.
Os interesados en mercar un coche teñen unha gran oportunidade para facelo esta fin de semana en Vilagarcía. O recinto feiral de Fexdega acolle o noveno salón do automóbil. Un espazo onde están á venda máis de 400 vehículos con descontos que poden chegar ao 40%.
Os amantes do motor teñen unha gran oportunidade de ver en Vilagarcía coches de todas as marcas. As vendas nesta feira roldan o 20%.
No salón do automóbil participan máis de 10 empresas e concesionarios. Para as compañías é unha gran oportunidade para promocionarse.
Dende Vilagarcía mostran a súa satisfacción de acoller un salón do automóbil tan reclamado como o de Fexdega.
O salón do automóbil de Vilagarcía estará aberto ata o vindeiro domingo. A previsión é que visiten Fexdega máis de tres mil persoas.