BARBANZA > As embarcacións que participen en procesións e demais actos marítimos deberán contratar un seguro para dar cobertura a tódolos pasaxeiros. Así o establece o regulamento que está a elaborar a Dirección Xeral da Mariña Mercante para lexislar a celebración destes eventos tradicionais. A nova normativa sair á á luz no prazo aproximado dun mes.
Ata o momento non existía ningunha normativa que regulase a celebración de procesións marítimas a pesar de tratarse de actos moi frecuentes en toda Galicia. O caso do Saleta, no que un armador ribeirés foi condeado a pagar unah indemnización de 300 mil euros por un accidente acontecido a bordo do seu pesqueiro durante a procesión do Carme, reabriu a polémica sobre a necesidade de regulamentar estas celebracións.
A nomativa, actualmente en fase de elaboración, establece que tódalas embarcacións participantes neste tipo de actos deberán contratar un seguro. Esta póliza dará cobertura a un grupo de persoas que terán que comunicar a súa identidade previamente para facer efectivo o seguro.
Así mesmo, os organizadores deben garantir uns mínimos de seguridade e os barcos, ademais da contratación do seguro, deberán cumprir varios requisitos como a incorporación de chalecos e botes salvavidas.
Polo momento, este regulamento aínda se atopa en fase de elaboración aínda que os representantes da Mariña Mercante estiman que podería estar vixente no prazo dun mes.
Redacción Barbanza