Os maiores de Barro celebran a súa comida anual de confraternización

    vecinosbarro_100_001.jpgBARRO > Os maiores de Barro celebraron o sábado unha comida de confraternidade á que asistiron case cincocentas persoas.

    Antes da comida os asistentes á xuntanza acudiron a unha misa na que participou a Coral Polifónica do concello. Logo veu a tradicional comida,que estivo amenizada polas actuacións musicais do grupo de Danzas Amor Rubial, de Barro. E para terminar tamén tiveron un baile.

    Redacción Salnés