BOIRO > O concello de Boiro deberá realizar unha adaptación da distribución interior do edificio que albergará ó futuro Centro de Día e á Gardería Municipal que se constrúe na zona de Praia Xardín, ó non axustarse á capacidade que presenta o proxecto. Ó incremento económico que suporá a reforma haberá que sumarlle agora un maior retraso na súa posta en funcionamento.
O cambio de goberno na Xunta trouxo consigo a fin dunha reiterada situación de ‘discriminación’, segundo os membros do executivo boirés. Proba diso foi a subvención concedida por parte da Vicepresidencia de Igualdade e Acción Social, que ascende a máis de 251 mil euros e que permitirá a posta en funcionamento do Centro de Día e a Gardería Municipal da localidade. Actualmente, a empresa Oñial xa ten adxudicada a construción do peche exterior deste edificio e o mobiliario está en fase de licitación.
Aínda así o executivo local vén de atoparse con outro problema xa que terá que readapta-lo proxecto inicial de distribución do edificio ó non estar adecuado á capacidade que debía ter e que se recolle no proxecto inicial.
Ó incremento económico que suporá a reforma haberá que sumarlle agora un maior retraso na súa posta en funcionamento.
O alcalde boirés confía en solucionar este problema o máis axiña posible para así poder poñer en marcha estes servizos tan demandados na localidade.
Redacción Barbanza