As chuvias poderían provocar unha perda irreparable mediante a erosión do chan

    chuviaincendios_100_180706.jpgBARBANZA > A chegada das chuvias trouxo consigo a extinción da totalidade dos lumes que quedaban activos en Galicia, pero o seu efecto pode provocar tamén unha perda irreparable como é a erosión do solo, a consecuencia do arrastre da cinza e a materia orgánica que resistiu ós incendios.

    Sochuviaincendios_200_170806.jpgbre a cinza, produto dos numerosos incendios que afectaron a Galicia estes días, os expertos coinciden en sinalar que é un arma de dobre fío. A curto prazo, o pó grisáceo aporta nutrintes e fertiliza o terreo, aínda que o efecto positivo é efímero e, co paso do tempo, a cinza prexudica máis que axuda.

    O chan, ademais de se-lo soporte e a fonte de nutrintes da vexetación e a fauna, é un ben escaso, sobre todo nos terreos forestais, onde os solos por regra xeral teñen moi reducida a súa fertilidade. As augas que drenan rápidamente os chans queimados, apenas penetran no solo e non se ven freadas pola vexetación polo que presentan un elevado potencial erosivo. Son augas moi turbias debido a á elevada presenza de partículas e cinzas en suspensión. Este material en suspensión que portan, así como os nutrintes que levan en disolución, afecta tamén á calidade das augas, contaminándoas. Ademais, a posterior sedimentación destes materiais vai afectar ós fondos dos ríos, estuarios, embalses e rías.

    Algunhas das propostas que xorden agora para evitar esta erosión dos nosos montes sería actuar con rapidez, protexéndose os barrancos e as ladeiras de máxima pendente con sistemas que eviten a perda do solo na zona, evitando a eliminación da madeira morta, as raíces das árbores e os arbustos que aínda seguen exercendo o seu efecto de retención do chan.

    A rexeneración dos nosos montes será tamén lenta, nas zonas de matorrais e monte baixo pode levar entre seis e 10 anos, unha cifra que se alonga ata os 20 no caso das zonas arboradas.

    Redacción Barbanza